Home Ourense O alcalde recibe no salón de plenos a halterófila Uxía Romero

O alcalde recibe no salón de plenos a halterófila Uxía Romero

- Anuncio -
  • A ourensá Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia en máis de 25 anos e tamén a primeira en traer á nosa cidade unha medalla europea neste deporte.

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos á halterófila ourensá, Uxía Romero, con motivo da súa recente participación no Campionato de Europa Júnior en Raszyn (Polonia), o pasado 29 de outubro.

A ourensá Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia en máis de 25 anos e é a primeira en traer, para a nosa cidade, unha medalla europea neste deporte. Uxía conseguiu proclamarse subcampioa de Europa Júnior cun total olímpico de 194 Kg: 85 Kg en arrincada, conseguindo o 4º posto neste movemento, e 109 Kg en dous tempos, o que lle suporía o bronce.

A categoría júnior (sub-20) supón unha transición entre a categoría base e a absoluta e onde aínda lle queda un ano a Uxía.

O alcalde e a levantadora falaron dos próximos obxectivos desta, especificando que as súas miras están postas en acadar un alto nivel en categoría absoluta, mentres agarda seguir traendo para a cidade medallas no vindeiro ano 2025. Esta deportista de alto rendemento foi animada polo alcalde a seguir adestrando para conseguir esas metas.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da área de...

0
O Concello convoca un certame infantil de debuxos para elixir a postal coa que felicitará o Nadal 2024 A Xunta de Goberno Local do Concello...

A Deputación de Ourense estreita lazos co centro penitenciario de Pereiro en proxectos deportivos,...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co director do centro penitenciario, Francisco González; e a subdirectora de Tratamento, Ana Martínez,...

Luis Menor analiza co presidente do Consello Regulador a situación da Denominación de Orixe...

0
Accións de mellora para os produtores, xestión e turismo son os eixos nos que estará implicada a institución provincial, “por ser un sector absolutamente...

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP...

0
●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

Publicacións Relacionadas