O alcalde visita as instalacións da Asociación Down Ourense

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Fernández, visitaron esta mañá as instalacións da Asociación Down Ourense, no barrio das Lagoas. O goberno municipal prevé destinar unha subvención nominativa de 50.000 euros á entidade ourensá para o financiamento dunha nova sede, no barrio da Ponte. O novo espazo estará situado na rúa Río Camba, número 6, e contará cunha superficie de 700 m², que cuadriplicará o local que teñen na actualidade, para dar resposta ás 92 familias atendidas na actualidade e ás que teñen en lista de agarda.

Comparte este artigo