O barrio de San Francisco celebra esta fin de semana as súas festas, organizadas polo Concello

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense organiza e financia as Festas de San Francisco, que se desenvolverán os días 4, 5 e 6 de outubro no barrio ourensán.

A programación de actividades consta de 3 citas musicais:

  • Venres, 4 de outubro: A Gramola, de 00.00 h a 04.00 h
  • Sábado, 5 de outubro: París de Noia, de 23.30 h a 02.30 h e DJ, a continuación.
  • Domingo, 6 de outubro: Origen, de 19.00 h a 22.00 h

Tamén haberá atraccións de feira durante os 3 días.

Comparte este artigo