Esta mañá tivo lugar o acto conmemorativo do 40 aniversario da inauguración do edificio da Comisaría Provincial de Ourense.
O acto desenvolveuse na terraza cuberta da sétima planta e en representación do Concello de Ourense asistiu o concelleiro de Seguridade Cidadá Antonio Fernández.
O edificio da Comisaria Provincial de Ourense, deseñado polos arquitectos Chao Gómez e Garaizábal Enjuto, foi inaugurado o día 9 de xuño de 1984