O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da Liga Galega senior – Primeira División, logo de derrotar ao Vigo Rugby. O tenente de alcalde felicitou o club pola súa excelente traxectoria, pois suman xa tres anos consecutivos sen perder un partido e 7 anos seguidos sendo o mellor equipo de Galicia.