O Concello acometerá unha campaña de reposición de arborado viario

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense adquiriu novas unidades de árbores que se colocarán en diferentes rúas da cidade. A súa finalidade é repoñer arborado viario correspondente a faltas, ocos, roturas e mortes detectados en diferentes puntos durante o período 2020/2024. Son, en total, 317 unidades que xa se atopan no viveiro municipal. Durante os cen primeiros días do ano 2025 realizaranse os traballos de plantación correspondentes nos cinco distritos da cidade:

Distrito 1: Centro, As Lagoas
Distrito 2: Campus, Buenos Aires, A Milagrosa
Distrito 3: Vista Fermosa, O Couto, A Carballeira
Distrito 4: Mariñamansa, A Cuña, A Farixa, O Polvorín, Posío
Distrito 5: A Ponte

Comparte este artigo