O Concello adxudica as obras dun sistema de elevación para mellorar a accesibilidade desde a Avenida de Marín á Avenida de Santiago

adminON
Lectura mínima de 4

A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu no mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre eles, adxudicou a execución das obras dun sistema de elevación vertical na Avenida de Marín ao seu paso pola Avenida de Santiago. Os traballos teñen un orzamento de 342.000 euros e serán asumidos polo Concello co apoio de fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU.

RESUMO DOS ACORDOS APROBADOS

Aperturas (1). Conceder a licenza de obra para os traballos previos de demolición e limpeza para o proxecto de derruba dun edificio na rúa Padre Feijoo

Patrimonio (2). Requirirlle a unha compañía de seguros que indemnice o Concello con 1.064,80 € polos danos causados por un vehículo nun farol na rúa Chano Piñeiro. Tamén se corrixiu un erro material dun acordo dunha xunta de goberno anterior.

Rehabilitación (3). Denegar 3 solicitudes de axudas por non cumprir os requisitos necesarios para recibilas.

Contratación (2)  Adxudicar a Extraco, Construccións e Proxectos SA, o contrato das obras do proxecto construtivo do sistema de elevación vertical na Avenida de Marín ao seu paso pola Avenida de Santiago.

O proxecto será sufragado parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano (aprobado pola Orde TMA/892/2021, do 17 de agosto). A execución das obras adxudícase por un importe de 342.225,51 €, IVE engadido.

Tamén se aprobou prorrogar por 1 ano o contrato do servizo de mantemento de aparellos elevadores, salva-escaleiras, portas corredoiras de cristal e barreiras e portóns dos edificios municipais do Concello (lotes 1 e 2)

Servizos Xerais (2) Recoñecer dúas obrigas en concepto de cotas a favor da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense Expourense, por importe de 68.558 €, e da Asociación de Desenvolvemento Rural da comarca de Ourense Adercou, por importe de 7.000 euros.

Avogacía Consistorial (9). Dar conta dunha sentenza e dunha dilixencia de ordenación ditadas polo Xulgado do Penal número 1, de dúas sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e dunha sentenza e dun auto do contencioso número 2. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, nun procedemento abreviado e diante do número 2 nun ordinario e noutro abreviado.

Fóra da orde do día (3)

Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno Local acordou prorrogar por 1 ano o contrato do servizo de mantemento integral e subministración de consumibles de impresoras e equipos multifunción do Concello, e designar dous avogados para representar o Concello en senllos procedementos xudiciais.

Comparte este artigo