As manifestacións convocadas polos sindicatos CIG e CC OO pola celebración do Primeiro de Maio obrigarán a pechar ao tráfico mañá, xoves, 1 de maio, desde aproximadamente as 11.20 horas, as rúas Pardo de Cela, desde a glorieta da bola do mundo, e Progreso, até a Praza de Abastos número 1, desviando o tráfico pola rúa Doutor Fleming. As rúas afectadas reabriranse á circulación de vehículos cando rematen as manifestacións
A convocada pola CIG sairá ás 11.30 horas da Praza Maior e percorrerá as rúas Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque San Lázaro, Santo Domingo, Rúa da Paz e Rúa das Tendas, para rematar na Praza Maior.
A convocada por CC OO sairá ás 12.00 horas do Pavillón dos Remedios e avanzará por Progreso, Cruz Vermella e Paseo para rematar fronte á Subdelegación do Goberno.
As liñas de autobuses tamén terán variacións no seu percorrido, para evitar os puntos de corte, e circularán por Pena Trevinca, Celso Emilio Ferreiro ou Avenida de Portugal.