HomeOurenseO Concello amplía a programación do Magosto cunha sesión DJ o luns...

O Concello amplía a programación do Magosto cunha sesión DJ o luns á noite na Praza de Santa Eufemia

- Anuncio -spot_img

A festa continuará o martes na Praza Maior, Bispo Cesáreo e a Alameda con castañas asadas, chourizo, callos e porco ao espeto como oferta gastronómica e a música de Brañas Folk e a orquestra Olympus

O Concello de Ourense amplía a programación de actividades do Magosto 2025 cunha sesión DJ, que amenizará o ambiente na rúa a noite do luns, 10 de novembro, véspera da celebración. Será na Praza de Santa Eufemia, desde as 10 da noite até as 3 da madrugada.

As actividades continuarán o martes, 11, coa Praza Maior, Bispo Cesáreo e a rúa do Progreso (Alameda) como centros da festa.

O magosto tradicional arrincará ás 18.00 horas simultaneamente na Praza Maior e na rúa do Progreso (Alameda). As persoas asistentes poderán degustar castañas asadas de forma gratuíta. Ademais, haberá unha zona de venda de chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño (por un prezo simbólico de 3€), xunto con outras propostas como callos e porco ao espeto.

De 18.00 a 19.30 h haberá música Tradicional na Praza Maior, cun concerto de Brañas Folk que estará acompañado de Verónica Codesal, Pancho Álvarez, María Jorge e polo grupo de gaiteiros “De pé feito”, coordinados por Gonzalo Abelairas.

De 19.00 a 22.00 h haberá baile e festa na rúa do Progreso (Alameda): A verbena correrá a cargo da recoñecida Orquestra Olympus, que garantirá o baile e a diversión co seu espectáculo, poñendo o broche de ouro á noite do San Martiño 2025.

Publicacións Relacionadas