O Concello aproba a listaxe actualizada de axudas para comedores escolares, incorporando 78 solicitudes que estaban en lista de agarda

adminON
Lectura mínima de 1

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense publicou o decreto polo que aproba a listaxe actualizada de axudas para comedores escolares, á que se incorporan un total de 78 solicitudes que quedaran inicialmente en lista de agarda por falta de crédito.

Esta ampliación é posible logo da aprobación da modificación orzamentaria 9P/2024, que dotou crédito con esta finalidade, e do decreto que aproba o gasto por un importe de 24.000 euros.

As familias interesadas poden consultar o documento na sede electrónica e na páxina web do Concello:

Detalles da publicación

Comparte este artigo