test
Home Ourense O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara...

O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara Echegoyen sexa abandeirada de España nos Xogos Olímpicos de París

- Anuncio -

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome asegura que “é un orgullo e unha inmensa ledicia” para Ourense, e destaca a figura da regatista, campioa olímpica, mundial e europea, como un referente e un modelo para a cidade

O Concello de Ourense celebra a proposta realizada polo Comité Olímpico Español de que a deportista ourensá Támara Echegoyen sexa a abandeirada de España nos Xogos Olímpicos de París 2024.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou que “é unha auténtica honra para a cidade que unha ourensá sexa a abandeirada nun evento tan importante, prestixioso e de tanta repercusión internacional como son os Xogos Olímpicos, e unha inmensa ledicia para todos, máis aínda tendo en conta que a proposta vén dunha entidade como o Comité Olímpico Español, presidida por un ourensán, Alejandro Blanco”

A figura de Támara Echegoyen, campioa olímpica, mundial e europea, nacida en Ourense, “é un orgullo para unha cidade modesta en poboación, que ten nela un modelo e un referente de que tamén as cidades modestas poden ter a súa oportunidade”. A regatista ourensá asegurou, “é tamén un símbolo de que unha persoa de calquera provincia pode chegar a acadar unha honra tan grande coma esta”.

A ledicia pola proposta de que a deportista ourensá sexa a abandeirada de España, súmase á de que Ourense fose a cidade elixida pola selección española de hóckey herba, que adestra o tamén ourensán Carlos García Cuenca, para preparar a súa participación nos Xogos de París nunha concentración que tivo lugar en Ourense.

Relacionadas

Luis Menor visita o Clínic de Baloncesto organizado pola Deputación

0
O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta tarde unha visita ao Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde comezou o Clínic de Baloncesto, organizado pola...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de xuño de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, no que se...

A carreira do circuíto popular Correndo por Ourense ocasionará o domingo restricións puntuais de...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración, pasado mañá, domingo, 30 de xuño, da carreira popular Trail Oira -...

A rúa Marcelo Macías reábrese ao tráfico unha vez rematadas as obras de reparación...

0
Desde esta mañá, a rúa Marcelo Macías volve estar aberta na súa totalidade ao tráfico de vehículos unha vez rematadas as obras de reparación...

O Concello abre o prazo para a presentación de emendas das solicitudes de axudas...

0
A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense abre o prazo para a presentación de emendas das solicitudes de axudas para libros e...

A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá durante esta fin de semana as grandes promesas...

0
Participarán no torneo máis de 400 deportistas alevíns e infantís dunha trintena de equipos A piscina municipal Rosario Dueñas acollerá durante esta fin de semana...

Publicacións Relacionadas