O Concello colabora coas Festas de Covadonga, que se celebrarán desde mañá, venres, até o domingo

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense colabora coas festas do barrio de Covadonga, que se desenvolverán esta fin de semana. A programación de actividades comezará mañá, venres, día 6 de setembro, ás 21.00 horas, cunha cea popular e, a continuación, a verbena a cargo do Dúo Os Trasnos. O sábado, 7, haberá sesión de música de baile, de 20.30 a 22.00 horas coa Gramola e, ás 0.00 horas, fogos e Festa da Mocidade, tamén coa Gramola. A programación rematará o domingo ás 12.00 horas, con misa e procesión acompañada polos gaiteiros Cantares da Cunha, e sesión vermú amenizada tamén por estes gaiteiros, ás13.00 horas.

Comparte este artigo