HomeOurenseO Concello continúa optimizando as liñas dos autobuses urbanos, con pequenos axustes...

O Concello continúa optimizando as liñas dos autobuses urbanos, con pequenos axustes desde mañá nas número 4 e 13

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense continúa optimizando as liñas do servizo de autobuses urbanos, con pequenos axustes desde mañá, venres, 19 de setembro, nas número 4 e 13.

A número 4: Antiga estación de autobuses – Tanatorio das Burgas prolongará a súa ruta até a localidade de Seixalbo, unha vez comprobado que os tempos o permiten.

A número 13: Universidade Laboral (A Cuña) – Palmés, adianta ás 7.45 horas a súa segunda saída desde Palmés, que antes era ás 8.00 h, para atender a solicitude realizada por alumnado de diferentes centros educativos para chegar a tempo ao inicio das súas clases.

No sentido oposto desta mesma liña, activarase un servizo adicional, que sairá ás 6.45 horas desde o Parque de San Lazaro cara a Palmés. As demais viaxes da liña, nos dous sentidos, manterán os horarios e as rutas actuais.

O goberno municipal explica que estes dous axustes teñen como finalidade prestar un mellor servizo: “as liñas de autobuses non son algo pechado e deben estar en constante perfeccionamento”, asegura.

Publicacións Relacionadas