HomeOurenseO Concello licitará nas próximas semanas as ramplas mecánicas do barrio da...

O Concello licitará nas próximas semanas as ramplas mecánicas do barrio da Cuña, cun investimento de 5 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O alcalde avanza que será un “megaproxecto transformador” para o barrio, xa que “mellorará a calidade de vida e revalorizará a zona”

Cinco ramplas salvarán a forte pendente existente na rúa Vasco Díaz Tanco, desde a Avenida de Zamora até a cima da rúa

O Concello de Ourense licitará nas próximas semanas a instalación das ramplas mecánicas do barrio da Cuña, na rúa Vasco Díaz Tanco, toda vez que xa está rematado e informado favorablemente o proxecto de enxeñaría previo a esta actuación.  Así o avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen afirmou que será un “megaproxecto”, que suporá un investimento de 5 millóns de euros e resultará “transformador para o barrio, xa que humanizará a rúa e dará servizo a milleiros de habitantes, ao centro de saúde e á Universidade Laboral.  Suporá un antes e un despois no barrio. Mellorará a calidade de vida e revalorizará a zona”, asegurou.

O proxecto técnico desta intervención xa está informado favorablemente e está listo para sacalo a concurso. A previsión do goberno municipal é que as obras poidan ser adxudicadas este ano e iniciar a súa execución a principios de 2026

A actuación contempla a instalación de 5 ramplas mecánicas que salvarán a forte pendente existente na rúa Vasco Díaz Tanco, desde a parte inferior, na confluencia coa Avenida de Zamora, até a cima da rúa, máis alá do centro de saúde do barrio.

Publicacións Relacionadas