O Concello creará no futuro cambio de liñas de autobús unha que comunicará Barrocás, San Francisco, Xardín do Posío, Centro de Saúde da Cuña e IES Universidade Laboral

adminON
Lectura mínima de 2

O alcalde comunicoulles a representantes do centro educativo que o novo servizo entrará en funcionamento este verán, xunto coas demais novas liñas

Facilitará os desprazamentos de alumnado e veciñanza de Barrocás e San Francisco ao instituto e ao centro de saúde

O Concello de Ourense porá en marcha este verán, xunto coas novas liñas do servizo de autobuses urbanos, unha que comunicará os barrios de Barrocás e San Francisco, o Xardín do Posío, o Centro de Saúde da Cuña e o IES Universidade Laboral. Así llelo comunicou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome ao vicedirector, Álex Portela, e ao representante da ANPA do centro educativo, Rafael Adán, que lle trasladaron ao alcalde a demanda dun mellor servizo de transporte ao instituto para o alumnado que reside no barrio de Barrocás.

O alcalde avanzoulles que o Concello xa ten previsto crear unha nova liña de autobuses que dará resposta a esta necesidade da comunidade educativa e tamén facilitará o desprazamento en autobús ao Centro de Saúde da Cuña das persoas que residen nos barrios de Barrocás e San Francisco que o utilizan.

Pérez Jácome avanzou que a nova liña entrará en servizo este verán, coa finalidade de que estea operativa xa antes do inicio do novo curso escolar.

Comparte este artigo