HomeOurenseO Concello de Ourense premia os mellores escaparates do comercio local no...

O Concello de Ourense premia os mellores escaparates do comercio local no Nadal 2025

- Anuncio -spot_img

O centro de estética Mon Petit Salon acadou o primeiro premio nun certame no que participaron 120 establecementos da cidade

A Farmacia Martínez de Paz acadou o segundo, a boutique Jesús o terceiro e Lecer Manualidades o premio á reciclaxe

O alcalde, o xerente de Ecourense e a directora do CIFP Portovello entregaron os galardóns

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a entrega de premios do concurso de escaparates de Nadal 2025. O certame, organizado polo Concello de Ourense, Ecourense e o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Portovello, contou coa participación de 120 establecementos comerciais, de servizos e de hostalaría.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o xerente de Ecourense, Javier David García, e a directora do CIFP, Sira Coello, entregaron os galardóns dunha iniciativa que ten como finalidade dar visibilidade e apoiar o comercio local, dinamizando o ambiente da cidade durante estas datas festivas.

Pérez Jácome destacou a alta participación dos establecementos da cidade neste concurso, agradeceu a colaboración prestada por Ecourense e FICP Portovello e o seu alumnado para levalo a cabo e subliñou a importancia da achega do comercio local á cidade, concluíndo cun desexo para os participantes: “Que teñades unha gran campaña de Nadal. O comercio local é fundamental, é a vida das cidades. Nós imos seguir apoiando pero obviamente os herois sodes vós. Feliz Nadal e grazas por todo”.

Primeiro premio (3.000 €): Mon Petit Salon (centro de estética na rúa Ramón Cabanillas, número 1).

Segundo premio (2.000 €): Farmacia Martínez de Paz Vázquez C.B. (rúa Francisco de Moure, número 22 – O Couto).

Terceiro premio (1.000 €): Jesús (boutique de moda para home na rúa do Paseo, número 22).

Premio especial Reciclaxe (1.000 €): Lecer Manualidades: (Establecemento de enmarcacións e restauración, que tamén imparte obradoiros de manualidades, na rúa Bedoya, número 29).

Accésits (7 premios, de 400 €):

  • Personal kitchen: Deseño e reformas de cociñas (Avenida de Zamora, 154 – Mariñamansa).
  • Pepita Burguer Bar: Restaurante (Avenida da Habana, 63)
  • Blumé: Boutique multimarca para muller (Rúa da Concordia, 28).
  • Natural Optics: Óptica e centro auditivo (Avenida de Santiago, 10 – O Vinteún)
  • A Solaina Servizos Inmobiliarios: Xestión, compra venda e alugueiro de inmobles (Concello, 2).
  • Milhflor: Comercio especializado en produtos naturais para o coidado da saúde (Rúa Doutor Fleming, 53).
  • Centro de Día A Ponte: Centro de atención e apoio a persoas maiores (Rúa Basilio Álvarez, 7 – A Ponte).

Máis información e imaxes dos escaparates participantes no concurso, aquí: https://ourense.gal/gl/concurso/

Publicacións Relacionadas