O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da mobilidade

adminON
Lectura mínima de 3
  • A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo

Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a presentación da actuación que se levou a cabo en 23 pasos de peón da nosa cidade co obxectivo da mellora da accesibilidade en diferentes puntos da cidade de Ourense, co fin de mellora a seguridade viaria e a accesibilidade universal e a non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.

Esta actuación está inxerida dentro do Programa de axudas para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sustentable do transporte urbano e da mobilidade no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transportes e Mobilidade.

As intervencións divídense en dous grupos: 11 pasos de peón luminosos e 12 pasos de peón elevados. A decisión de actuar inicialmente nestes puntos considerouse por seren puntos especialmente sensibles en vías de especial intensidade de tráfico e accesos a centros sanitarios, educativos, sociais e deportivos, de especial conflitividade. Cada paso de peóns é distinto, por iso as actuacións varían segundo as características e/ou deficiencias en cada un deles.

Máis concretamente, as actuacións consistiron:

A ampliación da zona de estancia para viandantes mediante o incremento de beirarrúas.

O reforzo da iluminación viaria no propio paso de peóns e a activación dun sistema de iluminación intermitente e automática que axude a que as persoas condutoras detecten a presenza de viandantes.

A elevación dos pasos de peóns, para seguridade de viandantes e redución de velocidade de vehículos, segundo a instrución técnica para a instalación de redutores de velocidade e bandas transversais de alerta na estrada de acordo coa Orde FOM/3053/2008.

Os pasos elevados instalados cun orzamento de licitación de 416.231,09 €, IVE incluído, e unha duración de 6 meses foron os seguintes:

Rúa Chano Piñeiro, nº6

Rúa Doutor Fleming, nº27, adecuando o cruzamento coa rúa Reza.

Rúa Escultor Faílde, nº6, adaptando tamén o paso coa rúa Vasco da Ponte

Rúa Sáenz Díez

Rúa Ponte Lebroña

Rúa Serra Martiñá, nº32

Avenida Otero Pedraio

Rúa Rampla de Sas, nº32., adecúanse 3 pasos

Rúa Vilareal

Rúa Pablo Iglesias.

Rúa José Antonio Nieves Conde

Rúa Ramón Puga nº100

Os pasos luminosos instalados cun orzamento de licitación de 418.960,94€, IVE incluído, e unha duración de 6 meses foron os seguintes:

  1. Rúa Sainza nº 60
  2. Avda. Rodríguez Castelao
  3. Rúa Ramón Puga nº 48
  4. Rúa Xoán de Nóvoa
  5. Rúa Sáenz Díez
  6. Rúa da Canle
  7. Avda. Vista Hermosa
  8. Rúa Ponte Sevilla
  9. Rúa do Vinteún nº 31
  10. Rúa Ramón Puga nº 40
  11. Rúa Ramón Puga nº 33
Comparte este artigo