O Concello de Ourense recibe o recoñecemento a 40 anos de Tai chi na rúa

adminON
Lectura mínima de 1

O tenente de  alcalde e concelleiro de deportes Anibal Pereira recibiu a distinción que se lle concede o Consello Municipal de deportes.

O primeiro tenente de alcalde e presidente do Consello Municipal de Deportes Anibal Pereira recolleu hoxe de mans do Mestre José Gago unha distinción coa que se pretende recoñecer o apoio que dende o Concello de Ourense e  a través do CMD  vénlle dando desde fai xa 40 anos ás campañas de Tai Chi na rúa que desenvolve a Escola de Artes chinesas DINAMIC. Durante todo este tempo, máis de 8.000 veciños de Ourense puideron acceder a esta actividade. Anibal Pereira  agradeceu en nome do Concello o recoñecemento, manifestou a vontade da institución municipal en continuar apoiando esta actividade tan saudable e que tanta aceptación conta entre a veciñanza.

Comparte este artigo