Home Ourense O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do...

O Concello e Avanza introducen cambios nas liñas 14 e 22 do servizo de autobuses para mellorar a calidade e a puntualidade

- Anuncio -

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza introducen cambios en servizos para mellorar a calidade e a puntualidade de dúas das principais liñas de autobuses urbanos.

Desde o vindeiro luns, 24 de febreiro, as liñas 14: O Viso-O Cumial, e 22: Cudeiro-Rairo, reducirán os seus percorridos e transformaranse nas novas liñas 14A: O Viso – Mariñamansa e 14B: O Cumial – Parque da Ponte; e 22A: Cudeiro – Ramón Puga (Residencia), e 22B Rairo – Parque da Ponte, respectivamente. Con estes cambios, preténdese mellorar o servizo que prestan, aumentando a fiabilidade e a puntualidade, que son as principais demandas das persoas que utilizan os autobuses urbanos.

As novas liñas funcionarán de luns a venres os días laborables. Os sábados, domingos e festivos, cando os problemas de regularidade do servizo son menores, continuarán vixentes sen cambios as actuais liñas 14 e 22.

Os horarios de saída de cabeceiras seguirán sendo os actuais os 7 días da semana. Pódense consultar na páina web https://ourense.avanzagrupo.com/gl/ Tamén se actualizará a información progresivamente nos postes e marquesiñas.

Relacionadas

Novas Xeracións do PP de Ourense impulsa o seu programa ‘Escoitando para Medrar’ na...

0
·        O presidente provincial popular, Luis Menor, afirma que incorporar á mocidade á política serve “para fortalecer a estrutura do partido, ampliar a súa base...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reúnese co embaixador de China en España...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo hoxe un encontro en Madrid co embaixador de China en España, Yao Jing, co obxectivo de...

A Deputación reafirma o compromiso de colaboración coa Xunta na dotación de16 brigadas a...

0
A institución ourensá e o goberno autonómico avanzan no desenvolvemento deste programa piloto, cunha reunión na delegación territorial da Xunta en Ourense A iniciativa inclúese...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación...

0
Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a...

Recepción no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas, encabezado polo seu portavoz, Enrique...

Publicacións Relacionadas