O Concello facilitará as visitas aos cemiterios municipais durante as festividades de Todos os Santos e Fieis defuntos ampliando os horarios de apertura e reforzando o servizo de autobuses, para que a veciñanza poida achegarse con maior comodidade a honrar os seus familiares nestas datas.
Así, os camposantos de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9.00 a 19.30 horas, tamén durante a fin de semana, ampliando os seus horarios xa que habitualmente, pechan ao mediodía durante os días festivos e fins de semana.
Para facilitar os desprazamentos, o servizo de autobuses ampliará ata o cemiterio de Santa Mariña o percorrido da liña 11 “Santa Mariña – O Viso” durante os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro. Así, o venres, 31 sairá un autobús cada media hora desde o cemiterio de Santa Mariña, a partir das 9.15 horas até as 19.45 h, e desde O Viso, desde as 8.15 h até as 18.45 h.
O sábado, 1 e o domingo, 2 haberá saídas cada hora desde o Cemiterio entre as 9.45 h e as 19.45 h, e desde O Viso entre as 8.45 e as 18:45 h.
Oficios relixiosos.
O Bispado de Ourense informa dos servizos litúrxicos que se celebrarán nos cemiterios municipais, presididos polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos:
Sábado, 1 de novembro
13.00 h Misa no cemiterio de Santa Mariña.
16.00 h Celebración da Palabra no cemiterio das Caldas.
17.30 h Celebración da Palabra no cemiterio de San Francisco.
Domingo, 2 de novembro
13.00 h Misa no cemiterio de Santa Mariña.
16.00 h Celebración da Palabra no cemiterio das Caldas.



