HomeOurenseO Concello fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga...

O Concello fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga de ámbito estatal de mañá, 15 de outubro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense fixou os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga xeral de ámbito estatal convocada para mañá, mércores, día 15 de outubro, en solidariedade con Palestina.

A convocatoria prevé paros parciais en cada unha das tres quendas de traballo: desde as 10 da noite de hoxe, martes, 14 de outubro, até as 2 da madrugada, e mañá, mércores, de 10 a 14 e de 17 a 22 horas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asinou o decreto que fixa os servizos mínimos, que serán de en torno a dous tercios do total.

Así, durante a folga, prestarán servizo 1 vehículo en cada unha das liñas 8, 9, 10, 12 e 16; 2 vehículos en cada unha das liñas 1, 2, 5, 6 e 13; 3 vehículos en cada unha das liñas 4, 7 e 11; e 4 vehículos na liña 3.

O decreto establece tamén que se garantirá o último e o primeiro horario de cada servizo e que os traxectos dos servizos mínimos deberán realizarse de forma completa.

Para o resto de persoal da empresa concesionaria, en inspección o servizo mínimo será do 100%, en taller de alomenos o 75% tanto mecánicos como lavacoches, e en administración do 75%.

Publicacións Relacionadas