Home Ourense A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos do Concello.

Licenzas (7) Conceder as licenzas urbanísticas de obra para os proxectos de acondicionamento dun local para garaxe-aparcamento privado, no baixo dun edificio da rúa Río Navea; para a instalación de ascensor nun edificio na rúa Río Mao, para a construción dunha vivenda unifamiliar na estrada a Sabadelle, Velle, para a demolición dun inmoble na Avenida de Buenos Aires e para a construción dunha vivenda unifamiliar acaroada en Tarascón. A Xunta Local tamén acordou admitir o recurso dunha particular contra un acordo anterior do mesmo órgano e deuse por enterada do troco do titular da licenza de obra para a adecuación funcional e remodelación de 11 vivendas na rúa Río Arenteiro

Aperturas (1) Conceder a licenza de obra para o proxecto de adaptación de local para ximnasio nas galerías comerciais situadas entre as rúas Progreso e Reza

Patrimonio (5) Requirir dúas aseguradoras para que paguen ao Concello indemnizacións por danos causados por vehículos na rúa Pardo de Cela e na glorieta de Ervedelo. Tamén aprobou desestimar un recurso relativo a unha reclamación de responsabilidade patrimonial e estimar a solicitude dunha particular e recoñecer que unha parcela en Valdorregueiro, Cudeiro, que figura no Inventario de Bens do Concello, non é de titularidade municipal.

Contratación (1) Acordar a prórroga por 1 ano do contrato do servizo de conservación, reparación, verificación e substitución de pezas de equipos de impresión de diferentes marcas (Lote 1)

Xestión económica e orzamentaria (1) Aprobar unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.

Avogacía Consistorial (12) A Xunta Local deu conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, doutra do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, dunha sentenza e 2 autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e de 3 sentenzas do número 2. Ademais, o Concello deberá comparecer diante do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense nun procedemento ordinario e noutro abreviado e diante do número 2, en 2 abreviados.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo...

0
Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno...

Publicacións Relacionadas