O Concello habilita unha nova parada de autobús urbano na rúa Pardo Bazán, fronte ao Auditorio

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense habilita unha nova parada do servizo de autobuses urbanos na rúa Emilia Pardo Bazán, fronte ao Auditorio Municipal, que estará operativa desde mañá, xoves, día 15 de xaneiro.

Nela pararán os vehículos que circulen en sentido á residencia sanitaria das liñas número 6: “Antiga Estación de Autobuses – As Curuxeiras”, 8: “Alameda – A Milagrosa – Residencia” e 13: “Universidade Laboral (A Cuña) – Palmés”.

Comparte este artigo