O Concello inicia unha campaña de renovación das zonas de xogo dos parques infantís

adminON
Lectura mínima de 1

Entre as distintas obras e melloras que se están a levar a cabo desde o Concello, vaise actuar agora nas zonas de xogo

O Concello de Ourense iniciará nos vindeiros días a reparación e renovación da zonas de xogo dos parques infantís. Concretamente, será o chan de caucho dos parques de xogo. Nesta primeira fase, iniciaranse actuacións nos seguintes parques:

Parque do Couto (Ingabad)
Parque de Serra de Queixa
Parque de San Lázaro (abaixo)
Parque de San Lázaro (arriba)
Parque Mestre Fernández
Parque AAVV Beiro
Parque Mariñamansa
Parque Murga
Parque Infantil Concello
Parque de Calistenia Concello
Parque dos Pulmóns
Parque de Santa Teresita

Comparte este artigo