O Concello instala un cruceiro na parroquia de Santa Teresita, atendendo a demanda da veciñanza da zona

adminON
Lectura mínima de 1

A parroquia de Santa Teresita conta desde hoxe cun cruceiro, instalado polo Concello de Ourense atendendo a petición realizada pola veciñanza do barrio. O cruceiro foi realizado polo escultor Rodrigo García Giráldez e instalado pola empresa Pedra Stone Design projects.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu esta mañá á misa e posterior descubrimento do cruceiro. A iniciativa xurdiu dun grupo de veciños e veciñas da zona, que botaban en falta un elemento destas características nas proximidades da igrexa parroquial, xa que o cruceiro máis cercano está nas Eiroás. A esta petición adheríronse tamén a parroquia, a asociación veciñal, a comunidade de monxas da parroquia e as irmás do Divino Mestre.

Comparte este artigo