HomeOurenseOurenseO Concello organiza as Festas da Ponte 2025, cunha ampla oferta de...

O Concello organiza as Festas da Ponte 2025, cunha ampla oferta de actividades desde o 24 ao 26 de xullo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense organiza as Festas da Ponte 2025, cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos que se desenvolverán desde o xoves, 24, até o sábado, 26 de xullo.

Xoves, 24 de xullo

· Pregón a cargo de Frei Canedo, ás 22.45 horas, na Avenida de Santiago

· Verbena de Pop-Rock do século XX, co mellor grupo de versións galego, América, de 23.00 a 02.00 horas, na Avenida de Santiago

· Sesión DJ con Gramola, de 23.30 a 03.00 horas, na rúa Vicente Risco.

Venres 25 de xullo

· Procesión tradicional, con saída ás 12.00 horas desde a Avenida das Caldas

· Orquestra Funçao publika, con 2 sesións: a primeira de 22.45 a 23.45 h e a segunda de 00.30 a 02.30, na Avenida de Santiago

· Fogos artificiais ás 23.59 h na Ponte Romana

Sábado 26 de xullo

· Gran verbena con Tango, de 23.00 a 02.00 horas na Avenida de Santiago

Ademais haberá atraccións de feira durante toda a fin de semana, desde o xoves até o domingo.

Publicacións Relacionadas