Free Porn
xbporn
Home O Ribeiro Avión A Xunta leva investidos nos últimos anos máis pegar de 1,2M€ en...

A Xunta leva investidos nos últimos anos máis pegar de 1,2M€ en actuacións nas infraestruturas e servizos municipais do concello de Avión

- Anuncio -
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas co obxectivo de mellorar a calidade na prestación dos servizos municipais
  • A través das liñas de axuda específicas para os concellos só en 2023 se distribuíron máis de 27,2 millóns de euros na execución de 600 proxectos
  • As subvencións da Xunta destinadas o ano pasado ao municipio de Avión inclúen reparacións na Casa do Concello e melloras de eficiencia enerxética no pavillón de deportes ou no centro integral de servizos sociais Alvetus

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello de Avión para comprobar melloras realizadas o ano pasado a través das distintas liñas de apoio ao eido local. Este apoio forma parte dos máis de 1,2 millóns de euros investidos nos últimos anos no municipio que permitiron financiar proxectos a prol da calidade na prestación dos servizos municipais.

Por unha parte, visitaron a reforma realizada na casa consistorial co obxectivo de mellorar as dependencias municipais que son utilizadas a diario pola veciñanza. Así, a Xunta investiu case 35.000 euros nestes traballos ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público. Esta liña de axudas beneficiou o ano pasado a máis dun cento de entidades locais de menos de 30.000 habitantes como Avión e este ano xa se publicou a nova convocatoria mantendo o orzamento de 3,5 millóns de euros.

Por outra banda, a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local actuouse na mellora da eficiencia enerxética do pavillón deportivo e do centro integral de servizos sociais Alvetus coa substitución das caldeiras existentes por outras novas de biomasa. Deste xeito, cunha dotación de case 114.000 euros contribuíuse a reducir as emisións cunha enerxía máis limpa, ao mesmo tempo que se reduciron custos. O apoio enmárcase na liña do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios de titularidade municipal en concellos de menos de 15.000 habitantes.

Tamén mediante o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) pero doutra das liñas de axudas destinada á compra de maquinaria, equipamento ou vehículos para a prestación de servizos municipais, o concello de Avión recibiu 29.000 euros da Xunta para a adquisición dunha miniexcavadora que facilite o traballo dos operarios municipais do servizo de obras.

Apoio ás entidades locais

Diego Calvo destacou que as actuacións realizadas en Avión mostran a importancia das medidas de apoio da Xunta aos concellos, especialmente no caso dos de menor poboación e do rural, de maneira que se garanta o equilibrio territorial en toda a comunidade e que a cidadanía conte cos servizos necesarios con independencia do seu lugar de residencia.

A través destas convocatorias de axudas específicas, como a Orde de infraestruturas de uso público o Fondo de Compensación Ambiental ou as liñas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, ao longo de 2023 distribuíronse en todo a comunidade máis de 27,2 millóns de euros para a execución de máis de 600 proxectos municipais como os visitados hoxe en Avión.

Relacionadas

A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de emprendemento e...

0
― O novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, aplicando ademais un...

Luis Menor felicita a Telecinco Cinema polo Premio OUFF Televisión

0
O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento...

Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes e Oficios...

0
A Escola de Artes e Oficios da Deputación abriu esta tarde o curso académico 2024-2025 nas súas instalacións da rúa da Canle, onde se...

A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que...

0
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro, que conta con máis de 200 investigadores  O secretario...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo — Preto de 300 están en execución...

Publicacións Relacionadas