O Concello realiza obras de mellora do parque canino situado xunto á Ponte Vella, atendendo a demanda da veciñanza

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Ourense iniciou esta mañá a execución de obras de mellora do parque canino situado xunto á Ponte Vella. Os traballos consisten no pintado do valado perimetral da zona, a mellora das portas de entrada, a reparación de diferentes deficiencias detectadas no chan do terreo e a instalación de dúas fontes para os animais. As obras teñen como finalidade proporcionar unha mellora das condicións de uso deste espazo dando resposta á demanda trasladada ao Concello polas numerosas persoas que a diario acoden a el para o desfrute dos seus animais de compañía.

Comparte este artigo