HomeOurenseHoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa...

Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa dos servizos públicos ao apoiar a mesa PROCAPD

- Anuncio -spot_img

Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa  dos servizos públicos ao apoiar a mesa PROCAPD na mobilización convocada fronte á  Casa do Chocolate. Nun acto marcado pola unidade e a determinación, todas as  presentes berramos alto e claro que a cidadanía ourensá, e especialmente as familias  afectadas, non permitirán que se faga negocio cos seus fillos e fillas.  

O Portavoz Provincial, Víctor Ferreiro, afirmou o seguinte: ‘’Reclamamos unha xestión  directa e pública do Centro para Persoas con Discapacidade (CAPD), un servizo esencial  que debería ser unha prioridade indiscutible para a Xunta de Galicia. A decisión anunciada  pola Conselleira de Política Social, Fabiola García, de ceder a xestión a unha “asociación  sen ánimo de lucro” non é máis que outro intento de desmantelar a responsabilidade  pública e abrir a porta á privatización encuberta, un modelo que pon en risco a calidade do  servizo e a dignidade das persoas usuarias’’  

Asimesmo o Portavoz do Círculo, Francisco Diéguez, afirmou que ‘’a loita pola xestión  pública é unha loita polos dereitos fundamentais. Estamos aquí para dicir que non  aceptaremos que o CAPD sexa tratado como unha mercadoría ou unha oportunidade de  negocio. Falamos dun recurso esencial para as persoas con discapacidade e as súas  familias, que require unha planificación baseada no interese público e non na rendibilidade  económica’’.  

É imprescindible que a Xunta de Galicia rectifique esta decisión e tome medidas que  aseguren unha atención pública, directa e de calidade, coa dotación de recursos  necesarios para cubrir as necesidades reais das persoas usuarias. O modelo público non  só é garantía de transparencia, senón tamén de igualdade e acceso universal.  

Desde Podemos Ourense queremos subliñar que esta non é só unha batalla das familias  afectadas, senón de toda a sociedade. A defensa dos servizos públicos é unha causa  común que nos implica a todas e todos, porque cando se privatiza un servizo esencial,  pérdese un dereito colectivo. Non calaremos ante este intento de converter o dereito en  privilexio. 

Seguiremos na rúa, loitando ao carón das familias e dos colectivos sociais, porque  sabemos que xuntas somos máis fortes. A cidadanía de Ourense non permitirá que se  ignore a súa voz, e esiximos á Xunta que asuma as súas responsabilidades: o CAPD é  público e público debe permanecer.

Publicacións Relacionadas