O Concello realizou o sorteo para nomear as persoas integrantes das mesas para as Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño

adminON
Lectura mínima de 1

Elixíronse de forma aleatoria as 1.278 persoas que serán presidentes e vogais titulares ou suplentes das 142 mesas da cidade

O Concello de Ourense celebrou esta mañá un pleno extraordinario para realizar o sorteo público e nomeamento das persoas que formarán parte das mesas para as Eleccións ao Parlamento Europeo do día 9 de xuño de 2024, convocadas por Real Decreto 363/2024, de 9 de abril.

A designación, realizada a través dunha aplicación informática, elixiu aleatoriamente 1.278 persoas: un presidente e 2 vocais para cada unha das 142 mesas electorais da cidade de Ourense, e 2 suplentes para cada un deles. As persoas designadas serán notificadas nos vindeiros días–

Comparte este artigo