O alcalde presidiu a toma de posesión dos novos efectivos como funcionarios de carreira
O Concello de Ourense reforza a dotación da Policía Local coa incorporación de 12 novos axentes. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá o acto no que os profesionais tomaron posesión dos seus postos como funcionarios de carreira.
Os doce policías incorpóranse ao cadro de persoal municipal en desenvolvemento da oferta de emprego público de 2020. Tomaron hoxe posesión tras completar o seu período de prácticas, durante tres meses, no que recibiron formación intensiva para familiarizarse cos procedementos e o funcionamento do servizo en Ourense.

