A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (3). Concedeu as licenzas de obras para a rehabilitación e ampliación dunha edificación en Barrio Vello (Bobadela) e para a reforma interior dunha vivenda unifamiliar na rúa Ático Noguerol. Tamén autorizou a segregación dun local na planta baixa dun edificio na rúa Manuel Lago.

Disciplina (1). Declarou en situación de ruína técnica e ordenou a demolición dun inmoble na rúa Doutor Fléming.

Patrimonio (4). Desestimou tres reclamacións de responsabilidade patrimonial e requiriu unha aseguradora para que indemnice o Concello en 556,79 euros polos danos causados por un vehículo a un banco e sinais na rúa Xesús Pousa.

Contratación (1). Declarou deserta a contratación do servizo de mantemento e soporte de licenzas Oracle.

Asuntos sociais (1). Aprobou a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Asuntos Sociais para os anos 2025 a 2027, consistente na adecuación das diferentes liñas de axudas co articulado no novo orzamento municipal.

Artes e Festexos (1). Deu o visto e prace ás bases reguladoras do procedemento para outorgar a autorización temporal en dominio público municipal, en réxime de concorrencia, para a actividade de venda no mercado do Nadal de Ourense.

Educación (1). Aprobou 6 facturas do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes do Concello.

Avogacía consistorial (16). Deu conta de 4 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia de Ourense (1 do Social, praza 4, e 3 do Contencioso-Administrativo, praza 2); e unha providencia do Tribunal Supremo. Ademais, o Concello deberá comparecer como demandado en 11 procedementos abreviados diante dos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo (10 da praza número 1 de Ourense, e 1 da número 2 de Vigo).

Comparte este artigo