Foron premiados na categoría de 1ª a 3ª da ESO
A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá, non Salón de Plenos, o alumnado do CPR Divino Maestro recentemente gañador do XIV Concurso Galego de Robótica que tivo lugar na Coruña do 6 ao 10 de novembro.
O equipo gañador, na categoría de 1ª a 3ª da ESO, estaba formado por Daniel Diaz Yebra, Carlos Manuel Fernández Feijoo, Gael Gómez Pernas, Laura Sánchez López e Santiago Andrés Velón Hurtado, todos de 3ª da ESO
O concurso consiste en resolver unha gran listaxe de retos que se lles propoñen programando o Robot Lego Mindstorms para que sexa capaz de facer distintas accións: como figuras xeométricas dunha determinada dimensión, reaccionar de distintos xeitos en función de distintos estímulos que recibe mediante os sensores ou adaptarse ao seu contorno inmediato para esquivar obstáculos ou seguir traxectorias marcadas no chan.
O equipo do Divino Maestro acadou a mellor puntuación participando o primeiro día luns 6 e xa ningún outro equipo foi capaz de superar a puntuación que eles acadaron.
Esta é a primeira vez que o colexio acada o primeiro premio (300€ para gasto en material STEM ). Nunha das anteriores edicións o colexio conseguira unha mención por ser o centro con máis alta cualificación media dos seus grupos participantes, o que pon en valor o traballo que se está a facer con todo o alumnado desde o Colexio.