Free Porn
xbporn
Home Ourense O concurso Sabores de Ourense - Pinchos de Primavera 2024, organizado polo...

O concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024, organizado polo Concello, entrega os seus premios

- Anuncio -

Pulpería Asador A Feira acadou o primeiro público do xurado, Bágoa o segundo e Tierra Madre o terceiro

Baysha obtivo o galardón do público, La estación de Loman o premio celíaco e Bágoa o premio ao pincho máis creativo

O concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024 xa ten gañadores. Esta tarde, no centro comercial Ponte Vella tivo lugar a final e a entrega de premios do certame, que organiza o Concello de Ourense e desenvolve a Unión de Hostaleiros de Ourense. Os 8 locais finalistas cociñaron as súas propostas diante do xurado profesional e do público.

O xurado votou as propostas dos establecementos finalistas: Baysha, La estación de Loman, Restaurante Camden, Mesón O Curruncho, Bágoa Gastrobar, Pulpería Asador A Feira, Tierra Madre e La zapatería del abuelo. Logo da súa deliberación, concedeu os seguintes premios:

1º Premio: Pulpería Asador A Feira polo pincho Gamba na corte

2º Premio: Bágoa Gastrobar por A lareira do Bágoa

3º Premio: Tierra Madre por Ondiñas veñen e van

Premio celíaco: La estación de Loman por Loman´s Burguer Smash

Accésit ao pincho máis creativo: Bágoa Gastrobar por A lareira do Bágoa

Premio do público: Baysha por Focaccia de cachena

O xurado estivo composto por Álvaro Villasante (restaurante Paprica, Lugo, membro do Grupo Nove), Diego López “Moli” (restaurante La Molinera, Lalín), e Rut Nieves Fernández, profesora técnica de servizos en restauración da Escola de Hostalaría de Vilamarín.

A continuación tivo lugar a entrega de premios do sorteo realizado entre o público participante no concurso, e se anunciaron e entregaron os premios aos locais gañadores, nun acto ao que asistiron o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, a concelleira de Turismo, Noa Rouco, e representantes da Unión de Hostaleiros de Ourense e das empresas e entidades colaboradoras (Asociación de Celíacos de Galicia, CRDO Ribeiro, Aceites Abril, Hijos de Rivera, Coren e Grupo Cuevas).

Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024 desenvolveuse do 23 de maio ao 2 de xuño e contou coa participación de 41 establecementos da cidade.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas