O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a rúa Xoaquín Lorenzo “Xocas”, desde as 17.00 até as 19.00 horas e o acceso á rúa Curros Enríquez desde as rúas Concello e Xoán XXIII, desde as 18.45 até as 19.00 horas. O tráfico desviarase pola rúa Xoán XXII por detrás da Subdelegación de Goberno.
O desfile de Papá Noel, organizado polo Concello dentro da programación do Nadal 2024, sairá desde a Torre de Ourense ás 19.00 horas e avanzará pola rúa do Paseo até rematar na Praza Maior, onde terá lugar a tradicional recepción.