HomeOurenseO alcalde recibe a nova directiva da Agrupación de Asociacións Veciñais Miño...

O alcalde recibe a nova directiva da Agrupación de Asociacións Veciñais Miño e valora a súa “gran disposición de diálogo“

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos a nova directiva da Agrupación de Asociacións Veciñais Miño, formada por Xosé Ramón Piñeiro González, presidente, Manuela Padín, Ricardo Vázquez, José Luis Castro e María del Carmen Montero.

O rexedor escoitou as principais inquedanzas do colectivo, ás que se tentará atender desde o Concello, e destacou a “gran disposición de diálogo e non confrontación” que amosa a directiva da agrupación ourensá. Rexedor e representantes da agrupación trataron na xuntanza temas como o servizo de autobuses, as subvencións ou os cursos de formación, entre outros.

Pola súa parte, o presidente Xosé Ramón Piñeiro, elixido tras as eleccións do pasado día 8 de maio, expresou a súa vontade de colaboración e diálogo permanente co Concello. “Pola nosa parte non vai quedar. Nós: diálogo, e cando se termine o diálogo: máis diálogo”, asegurou.

Publicacións Relacionadas