O mercado de antigüidades pasa para o domingo 13 de outubro

adminON
Lectura mínima de 1
  • A carreira da Garda Civil deste domingo día 6 ocupará a Praza Maior e a súa contorna

O mercado de antigüidades que organiza o departamento de Comercio do Concello de Ourense terá lugar este mes de outubro o domingo dia 13. Este cambio débese a que pasado mañá, domingo 6, desenvolverase a carreira da Garda Civil, con saída e chegada na Praza Maior e paso polas rúas da súa contorna.

O mercado de antigüidades realízase habitualmente os primeiros domingos de cada mes na Praza Maior e na rúa Doutor Marañón, e está formado por uns vinte postos de venda destes produtos.

Comparte este artigo