Home Terra de Celanova Cartelle O municipio de Cartelle converterase na capital do fútbol sala feminino esta...

O municipio de Cartelle converterase na capital do fútbol sala feminino esta fin de semana

- Anuncio -

Coa celebración da III edición do Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que reunirá a catro equipos: o Cidade das Burgas FS, o Ourense Ontime C.F., o SL Benfica e o Futsi Atlético Navalcarnero

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado provincial de Deporte destacou que é “o día idóneo para presentar este evento, logo de que onte a Selección de Fútbol Feminina se proclamara gañadora do Mundial”

O municipio de Cartelle acollerá esta fin de semana a III edición do Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle de fútbol sala feminino. O evento, que potencia o deporte feminino de alta competición, celebrarase os días 26 e 27 de agosto no pavillón Piño Vilachá, en Outomuro. A presentación deste torneo tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación e deputado provincial de Deporte, César Fernández; o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa; o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira da Xunta e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Manuel Pardo; e o organizador do torneo; José Ángel Baliñas.

César Fernández destacou que é “o día idóneo para presentar este evento, logo de que onte a Selección de Fútbol Feminina se proclamara gañadora do Mundial”, e asegurou que desde a Deputación de Ourense “apostamos, un ano máis, pola colaboración con este torneo que se está a converter nun clásico desta época estival que sempre logra ser un éxito congregando a moitas persoas en Cartelle ese fin de semana”. Así mesmo, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense dixo que as institucións deben continuar a apostar pos este tipo de eventos dado “o gran papel dinamizador” que teñen as actividades culturais e deportivas nos territorios.

Na presentación tamén estiveron xogadoras dos dous clubs ourensáns participantes no torneo, así como un dos principais patrocinadores da competición, o xerente de Grupo Celanova Motor e J. Varela, Daniel Varela.

III Torneo Internacional Ourensanía – Concello de Cartelle

No torneo daranse cita os seguintes equipos: Cidade das Burgas, Ourense Ontime C.F., -sendo a primeira edición na que participan os dous equipos máis representativos da cidade-, o SL Benfica, e o Futsi Atlético Navalcarnero. A competición comezará o sábado, 26 de agosto, ás 17.00 horas, co primeiro partido entre o Cidade das Burgas FS e o Futsi Atlético Navalcarnero, e ás 20.30 horas será a quenda para o Ourense C.F. e o SL Benfica. O domingo, 27 de agosto, celebrarase ás 16.00 horas o partido no que se decidirá o terceiro e cuarto posto do torneo, e ás 19.30 horas será a gran final.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas