HomeOurenseOurenseO PP denuncia a condena e discriminación a Ourense polo deseño “centralista...

O PP denuncia a condena e discriminación a Ourense polo deseño “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno

- Anuncio -spot_img

• Sánchez Gándara afirma que a supresión de 16 trens semanais na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural e unha vulneración da igualdade”

• “Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan os seus impostos e non poden permitir que se xustifique este prexuízo irreparable sen ningún tipo de solucións alternativas”, reclama

• A senadora do Grupo Parlamentario Popular por Ourense, Rosa María Sánchez Gándara, denuncia o modelo “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno de Pedro Sánchez, que “condena e discrimina” á provincia de Ourense.
• Así de contundente móstrase a senadora popular nunha pregunta oral ao ministro de Transportes, Óscar Puente, na sesión de control ao Goberno que se celebra na Cámara Alta.
• “Hai menos de dúas semanas defendeu un modelo de alta velocidade deseñado exclusivamente para grandes núcleos de poboación, manifestando que non é un modelo de vertebración territorial, nin un servizo público. Ver para crer, señor ministro”, critica a senadora galega.
• Sánchez Gándara considera que a supresión de 16 trens á semana na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural das frecuencias e liñas de alta velocidade e constitúe unha vulneración do principio de igualdade territorial”.
• “Impide o desenvolvemento de varias comarcas, condena a mobilidade de miles de cidadáns e deixa aos usuarios sen opción de conciliación laboral, formativa e, o que é máis grave, sanitaria, en especial para tratamentos oncolóxicos”, afirma con dureza a senadora popular.
• Recalca que “son miles de usuarios” aos que afecta a decisión de Puente de suprimir a parada na estación ourensá porque a liña nútrese de viaxeiros doutras comarcas como Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, A Limia e, mesmo, o norte de Portugal.
• A senadora do PP fai fincapé en que “esta é unha cuestión de equidade territorial, mobilidade e fixación da poboación”, e afea ao ministro que xustifique a decisión en “a eficacia a de os tempos a Vigo e A Coruña. Do que está preocupada a xente é da impuntualidade continuada e a súa ineficaz xestión do tráfico ferroviario”.

ABANDONO DE OURENSE E INCOHERENCIA DE SÁNCHEZ
• Destaca a incoherencia de Sánchez que en 2021 asegurou que a liña de alta velocidade de Ourense formaba parte do compromiso do seu Goberno ‘co reto demográfico e a ruptura do illamento’ e vostede di que “non é para vertebrar España”.
• Lembra ao ministro Puente que os Fondos europeos que financiaron a liña Madrid-Galicia tiñan como finalidade reducir a disparidade económica entre territorios. “Agora vostede di que o AVE non está para vertebrar España. Seica se utilizaron eses fondos cun obxectivo distinto do solicitado?”, pregunta ao ministro.
• Antes de concluír, Rosa María Sánchez Gándara pide ao ministro de Transportes que “rectifique e non condene ao ostracismo ferroviario abandonando á súa sorte a gran parte da provincia de Ourense”.
• “Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan os seus impostos e non poden permitir que se xustifique este prexuízo irreparable sen ningún tipo de solucións alternativas”, reclama a senadora do PP ao ministro.

Publicacións Relacionadas