O PP incorpora ao Comité de Campaña do 18F a representantes das doce comarcas ourensáns para ter “presenza territorial intensa en toda a provincia”

adminON
Lectura mínima de 4

· Luis Menor subliña que a presenza dos representantes comarcais “permitirá facer un seguimento e coñecer, en tempo real, como está a discorrer a campaña electoral”

· Os membros do comité son “persoas idóneas para os obxectivos que procuramos, ademais de ter un profundo coñecemento das áreas que lle foron asignadas”, engade o presidente provincial

· Este órgano fixará as liñas estratéxicas para un claro obxectivo, proclamou Menor: “Volver a ser a provincia decisiva por apoio electoral para que Alfonso Rueda teña a máis que merecida maioría absoluta, a primeira de moitas seguro”

A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a constitución do Comité de Campaña para as eleccións autonómicas do 18F, órgano que estará composto por 31 persoas con experiencia contrastada en cada un dos seus ámbitos e que, como principal novidade, incorpora a representantes das doce comarcas da provincia. “Un amplo equipo que nos permitirá ter unha presenza territorial intensa en todos e cada dos puntos da xeografía ourensá”, valorou o líder dos populares de Ourense, Luis Menor, que na presidencia deste comité estará acompañado por Sandra Quintas nas funcións de directora.

Os 31 nomes que desde hoxe constitúen o Comité de Campaña “corresponden a persoas idóneas para os obxectivos que procuramos, ademais de ter un profundo coñecemento das áreas que lle foron asignadas”, engadiu o presidente provincial, que tamén destaca a “importante experiencia” tanto na política como na xestión pública, así como a presenza da mocidade de Novas Xeracións.

Luis Menor subliñou a incorporación ao comité dun representante por cada unha das doce comarcas da provincia, “o que nos permitirá facer un seguimento e coñecer, en tempo real, como está a discorrer a campaña electoral”.

O Comité de Campaña encargarase de establecer as liñas estratéxicas para o desenvolvemento dunha campaña que ten un claro obxectivo, proclamou Menor: “Volver a ser a provincia decisiva por apoio electoral para que Alfonso Rueda teña a máis que merecida maioría absoluta, a primeira de moitas seguro”.

O líder ourensán popular reclamou para os seus “máxima implicación” para conseguir trasladar con “absoluta claridade” o proxecto político que o PP de Galicia propón para Ourense, “sen dependencias nin chantaxes de ninguén, só velando polos intereses da cidadanía”.

COMPOSICIÓN DO COMITÉ DE CAMPAÑA

Directora de Campaña: Sandra Quintas Vázquez

Organización: Jaime Sousa Seara

Programa electoral: Gabriel Alén Castro

Coordinador de axenda e axenda de campaña: Elena Freijedo Ledo

Coordinación de dirixentes: Miguel Ángel Santalices Vieira

Coordinador de actos públicos: Manuel A. Nóvoa González

Responsable voto exterior e estranxeiro: Antonio Rodríguez Miranda

Coordinadora de Igualdade: Marisol Díaz Mouteira

Coordinador de concellos rurais: Ana Patricia Torres Madureira

Mobilización electoral: Pablo Pérez Pérez

Responsable de NN.XX.: Ignacio Campo González

Responsable de voto por correo: Celso Luis Delgado Arce

Responsable apoderados e Interventores: Rosa Guede Forneiro

Asesoría xurídica: Miguel Ángel Michinel Álvarez

Comunicación e prensa: Alberto Carnero Fernández

Responsable campaña dixital: Lorena Crespo Martín

Coordinadora da cidade: Noelia Pérez López

Xerencia de campaña: Luis Manuel Vergara Gómez.

Responsables comarcais:

Allariz-Maceda (XEZ* Ourense): Manuel A. Fernández Movilla

A Limia (XEZ Ourense): Susana Vázquez Dorado

Ourense (XEZ Ourense): Ricardo González Gómez

Terras de Celanova (XEZ Ourense): Teresa Barge Bello

Baixa Limia (XEZ Bande): M. Carmen Yáñez Salgado

O Carballiño (XEZ O Carballiño): Fernando Rodríguez Redondo

O Ribeiro (XEZ Ribadavia): Avelino Pazos Pérez

Terra de Caldelas (XEZ Trives): Irene Pérez Rodríguez

Terra de Trives (XEZ Trives): Melisa Macía Domínguez

Valdeorras (XEZ O Barco de Valdeorras): Manuel Núñez Fernández

Viana (XEZ Verín): José María Lago Cabo

Verín (XEZ Verín): José Luis Suárez Martínez

Comparte este artigo