O salon de plenos do Concello de Ourense acolle a homenaxe a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento

Redacción
Lectura mínima de 1

Cinco colexios da cidade recitaron e musicalizaron poemas da autora galega

O salón de plenos do Concello de Ourense serviu esta mañá de escenario, un ano máis, para a conmemoración do “Día de Rosalía”. Alumnos e alumnas dos últimos cursos de Educación Primaria e da ESO dos centros escolares Carmelitas, Franciscanas, Purísima, Salesianos e Josefinas, acompañados polo seu profesorado, recitaron e musicalizaron poemas da autora galega. Esta celebración homenaxea o aniversario do nacemento da literata en 1837, unha data clave no calendario cultural de Galicia.

Comparte este artigo