Free Porn
xbporn
Home Verín Oímbra Oímbra celebra o domingo 7 de agosto a súa Feira do Pemento,...

Oímbra celebra o domingo 7 de agosto a súa Feira do Pemento, “unha cita gastronómica de auténtica referencia en Galicia”

- Anuncio -

A Feira do Pemento, que conta co apoio da Deputación, “enxalza un dos produtos estrela desta provincia”, segundo remarca Manuel Baltar, que valora a importancia destes eventos para “reivindicar e impulsar o noso rural a través do sector primario, un motor fundamental de Ourense”

O programa abarca unha comida popular e degustación gratuíta de pementos; un concerto de Milladoiro e ambientación musical; actividades infantís e exposición de coches antigos e de pratos elaborados polos veciños baseados no pemento

O domingo 7 de agosto celebrarase a XXV edición da Feira do Pemento de Oímbra, “unha cita gastronómica de auténtica referencia en Galicia”, en palabras do presidente da Deputación, Manuel Baltar, que reuniuse coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, para presentar esta feira, organizada polo Concello coa colaboración do goberno provincial.

“A Feira do Pemento de Oímbra enxalza un dos produtos estrela desta provincia, que conta cunha posición importante no mercado apoiado na súa calidade, o bo traballo colectivo e a vantaxe de contar coa Indicación Xeográfica Protexida”, remarcou Manuel Baltar antes de incidir na importancia que teñen estes eventos gastronómicos para “reivindicar e impulsar o noso rural a través do sector primario, un motor fundamental de Ourense”.

Pola súa banda, Ana Villarino destaca que esta edición supón a volta á normalidade despois de dous anos de pandemia -en 2020 celebrouse de xeito online e en 2021 nos bares-, recuperando “a nosa ubicación tradicional, a fermosa carballeira situada ao carón do Concello”.

A rexedora destaca a importancia da “horta, e especialmente dos pementos, na nosa economía” e valorou esta Feira do Pemento como un “gran escaparate dos nosos mellores produtos, que levamos construíndo entre todos nos últimos 25 anos”. Ana Villarino expón a necesidade de seguir “potenciando e divulgando” o pemento cun obxectivo nítido: “Avanzar na transformación da nosa agricultura para sumar valor engadido”.

Programa de actos

A alcaldesa define a programación da Feira como “moi acaída, para resumir o sentir popular dunha festa deseñada para a veciñanza”. Comezará ás 11,00 horas do domingo 7 de agosto, con “stands” de produtos locais, artesanía e unha exposición de pratos de cociña elaborados polos veciños baseados no pemento. “Publicarase un receitario con todos os participantes”, explica Villarino.

As 14,00 horas, celebrarse a comida popular. “Teremos pementos, pulpo, empanada, carne ao caldeiro, doces, viño da DO Monterrei… a entrada custa 15 euros e pódense comprar nos bares de Oímbra, no Concello e en dous establecementos de Verín. Ademais, haberá pulpeiras, un bar e degustación gratuíta de pementos ao longo de todo o día”.

A Feira terá ambientación musical durante todo o día, protagonizada pola Banda de Bousés. Entre as actividades paralelas, actividades infantís, inchables gratuítos para os rapaces e unha concentración de coches antigos. “E como colofón, o concerto de Milladoiro ás 20,00 horas”, completa Ana Villarino.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas