Home Ourense O Pereiro de Aguiar Os alcaldes de Ourense e do Pereiro de Aguiar achegan posturas para...

Os alcaldes de Ourense e do Pereiro de Aguiar achegan posturas para o impulso de proxectos de infraestruturas e de servizos

- Anuncio -

Gonzalo Pérez Jácome e Luís Menor reuníronse esta mañá para tratar o modo de conectar ambos concellos a través da extensión das liñas de autobús da capital.

Tamén falaron do proxecto de acondicionamento da senda peonil e da estrada que une ambas localidades a través de Montealegre.

Existe un absoluto acordo e boa vontade entre as dúas institucións para a execución dos proxectos.

Os alcaldes de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e do Pereiro de Aguiar, Luís Menor, reuníronse esta mañá para achegar posturas para o impulso de proxectos en materia de infraestruturas e de servizos. Concretamente, a conexión a través da extensión das liñas de autobús da capital, o arranxo da estrada que une as dúas localidades pola estrada de Montealegre, e a senda peonil desde a ribeira termal de Ourense até o encoro de Cachamuíña. “En calquera dos casos, trátase de prestarlles un mellor servizo aos cidadáns”, asegura Pérez Jácome.

No caso da extensión das liñas de autobús, serían as do propio Concello de Ourense as que penetrarían no do Pereiro, que se encargaría de achegar o custe adicional. Esta petición trasladaráselle á Xunta de Galicia para a súa autorización, xa que é a institución que ostenta as competencias en materia de transporte metropolitano.

Tamén se lle solicitará á Xunta e á Deputación provincial axuda no arranxo da estrada que une ambos concellos a través do Montealegre, unha vía moi limitada pero con alto índice de tráfico, xa que é moi empregada por traballadores do polígono industrial do Pereiro que viven en Ourense. Igualmente, quérese impulsar definitivamente o proxecto de senda peonil entre a ribeira termal de Ourense e o encoro de Cachamuíña, uns traballos que o concello veciño do Pereiro de Aguiar xa avanzou coa limpeza e acondicionamento de espazos naturais.

Entre ambos rexedores existe un absoluto acordo e boa vontade para a execución dos proxectos -”algúns deles xa maduros”, en palabras de Luís Menor-, que precisarán doutras institucións supramunicipais para a súa posta en marcha.

A reunión, que contou coa presenza de Fran González, concelleiro de DO en Pereiro de Aguiar, tamén serviu para falar da actualización dos lindes entre os dous concellos, un trámite administrativo para unificar e delimitar a fronteira exacta entre os dous concellos, e que conta co apoio da Dirección Xeral do Catastro.

Relacionadas

Cortes de tráfico das rúas Parada Justel pasado mañá, domingo, e Bispo Carrascosa, o...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Parada Justel estará pechada ao tráfico pasado mañá, domingo, 12 de maio,...

Cortes de tráfico nas rúas Ervedelo e O Progreso o vindeiro luns á noitiña...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración da tradicional procesión de Fátima (desde o barrio do Couto até a...

O Concello ofrecerá o luns en directo a xeolocalización do paso da procesión de...

0
O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e aplicación móbil a xeolocalización do paso da procesión de Fátima...

O Concello abre ao público na Sala Valente a exposición “Xaime Quesada Blanco. A...

0
A mostra antolóxica, organiza polo Concello e a Fundación Xaime Quesada Blanco reúne 60 obras pictóricas de pequeño e grande formato do artista ourensán A...

Luis Menor recibe en visita institucional ao teniente coronel da Garda Civil en Ourense,...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu en visita institucional ao teniente coronel da Garda Civil en Ourense, Rafael Berguillo, a quen felicitou polo...

A Deputación de Ourense colabora na IV Xornada de Traballo e Saúde que se...

0
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na inauguración da IX Xornada de Traballo e Saúde...

Publicacións Relacionadas