Os autobuses urbanos do Concello de Ourense serán gratuítos desde o 16 até o 22 de setembro pola celebración da Semana Europea da Mobilidade

adminON
Lectura mínima de 1

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense serán gratuítos durante unha semana, desde o 16, luns, até o domingo, 22 de setembro pola celebración da Semana Europea da Mobilidade. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no transcurso do pleno ordinario do Concello do mes de setembro. O goberno municipal amplía así a unha semana de duración esta experiencia de gratuidade dos autobuses urbanos, que xa se levara a cabo durante un día en edicións anteriores da Semana Europea da Mobilidade.

Con esta medida, explicou Pérez Jácome, preténdese fomentar o uso do transporte público entre a cidadanía ourensá, xa que todas as persoas que o desexen poderán viaxar de balde en calquera das liñas que forman a rede regular do transporte urbano de Ourense. A experiencia, explicou, servirá tamén como unha proba piloto da gratuidade do servizo, que o goberno municipal quere implantar proximamente na cidade.

Comparte este artigo