Home Ourense Os deputados populares denuncian que o Goberno socialista segue sen finalizar o...

Os deputados populares denuncian que o Goberno socialista segue sen finalizar o proxecto de construción de “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368. T.M. de Coles”

- Anuncio -

• En febreiro de 2023 o Goberno, afirmou que “a data de finalización prevista para este proxecto de construción é durante o ano 2023” e incumpriu


• Transcorreron máis de tres anos desde que o 1 de outubro de 2021 foi aprobado o proxecto de trazado desta ligazón tan necesaria para a mellora da seguridade viaria.

O 10 de setembro de 2024 os deputados ourensáns do GPP Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistramos no Congreso esta pregunta dirixida ao Goberno:
“O 1 de outubro de 2021 o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado de “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368. T.M. de Coles”, na provincia de Ourense. E informaba que este trámite permitía continuar coa redacción do proxecto de construción desta obra orzada en 2,1 millóns de euros.
O obxecto do proxecto é a conversión en ligazón a distinto nivel da actual intersección da estrada N-525 Benavente-Santiago de Compostela, que dá acceso, a través da estrada local OU-0552, a varias parroquias e aldeas ao norte de Ourense, como Ribela e Sobral (termo municipal de Coles). Ademais, reordénanse os accesos directos mediante unha nova vía de servizo en sentido Santiago.

O 6 de febreiro de 2023 o Mitma respondeu por escrito a unha pregunta que fixemos no Congreso sobre a licitación destas obras, e dixo: “O proxecto das obras de construción relativas á “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela”, construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368, licitarase tan pronto se redacte e aprobe o proxecto de construción”
O 10 de outubro de 2023 preguntamos novamente Despois de tantas demoras, en que data prevé o Mitma que aprobará o proxecto de construción do proxecto das tan necesarias? E o goberno respondeu o 24 de novembro de 2023 dicindo: “O proxecto “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela”, construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368 T.M. de Coles, provincia de Ourense” atópase en fase de redacción”
Más de dez meses despois desta última contestación gobernamental seguimos sen noticia algunha sobre este proxecto, o que nos leva a pensar que como outros moitos máis proxectos de estradas da provincia de Ourense está abandonado.
Por iso preguntamos
Que, motivos xustifican que case tres anos despois da aprobación do expediente de información pública e definitivamente do proxecto de trazado de “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368. T.M. de Coles, Ourense”, aínda non haxa constancia de que se aprobou o proxecto de construción?
Que data prevé o Mitma para a aprobación do proxecto de construción do proxecto das tan necesarias obras de construción relativas á “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela”, construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368?
Que data prevé o Mitma para a licitación do proxecto de construción do proxecto das tan necesarias obras de construción relativas á “Mellora da Seguridade viaria na intersección de Ribela”, construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525. km 244+368?
A resposta gobernamental acaba de chegar o 16 de outubro de 2024 e literalmente di:
“O proxecto de trazado “Mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na estrada N-525, p.k. 244+368. T.M. de Coles, Ourense” consiste na remodelación a ligazón da actual intersección da estrada N-525 Benavente-Santiago de Compostela que dá acceso, a través da estrada local OU-0552, a varias parroquias e aldeas ao norte de Ourense, como Ribela e Sobral (termo municipal de Coles). Ademais, reordénanse os accesos directos mediante unha nova vía de servizo en sentido Santiago.
Foi aprobado o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado.
Dita aprobación da información pública foi recorrida por un afectado, estando pendente a resolución do recurso.
Nesta zona executáronse diversas medidas para a mellora da seguridade viaria como unha mellora do firme, marca viaria sonora, eliminación de xiros á esquerda e un radar de tramo, en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Tras a adopción das medidas citadas, a sinistralidade no tramo reduciuse substancialmente, deixando de ser un Tramo de Concentración de Accidentes (TCA).”
VALORACIÓN:
Agora recibimos do Mitma unha xustificación para o atraso que nunca nos deu en respostas anteriores e é que a aprobación da información pública que tivo lugar o 1 de outubro de 2021 – fai xa tres anos – foi ” recorrida por un afectado, estando pendente a resolución do recurso”
E sorpréndenos xa que con data 10 de febreiro de 2023 o Goberno, ás nosas preguntas afirmou que “a data de finalización prevista para este proxecto de construción “é durante o ano 2023”. Como é que entón non fomos informados do citado recurso?
Convén lembrar que en marzo de 2017 foi dada polo MITMA a orde de estudo previa á redacción do proxecto de trazado e que máis de sete anos despois seguimos sen ter aprobado o proxecto de construción.
Lamentable.

Relacionadas

O Concello reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 10 novos...

0
O Concello de Ourense reforza o servizo de prevención e extinción de incendios coa incorporación de 10 novos bombeiros condutores. O alcalde de Ourense,...

Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a falta de...

0
COGAMI, en colaboración coas súas entidades membro, celebrou unha concentración simultánea en diversas localidades galegas para visibilizar a falta de transporte adaptado. Baixo o...

A execución do novo edificio de Urxencias do Hospital de Verín “amosa o compromiso...

0
O presidente provincial, Luis Menor, valorou a importancia das melloras inauguradas hoxe e realizadas no Hospital de Verín, (posta en servizo do novo edificio...

Os membros de ADO preséntanlle a Luis Menor a súa nova equipación deportiva grazas...

0
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá aos membros da Asociación de Discapacitados de Ourense (ADO) nun encontro no que os rapaces e...

A Deputación colabora co equipo de Michel Poulain para explorar a posibilidade de que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co recoñecido demógrafo o Dr. Michel Poulain, profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) e...

Luis Menor referenda en Lobios a “clara vontade histórica” de colaboración transfronteiriza da Deputación...

0
O presidente provincial participou hoxe no Concello de Lobios no acto de recoñecemento de fronteiras e convivencia entre este municipio e as cámaras municipais...

Publicacións Relacionadas