Free Porn
xbporn
Home Ourense Allariz-Maceda Paderne de Allariz acollerá a primeira proba do calendario da liga ourensá...

Paderne de Allariz acollerá a primeira proba do calendario da liga ourensá de Trail

- Anuncio -

Este evento deportivo, que celebrará a súa cuarta edición o domingo, 12 de marzo, ofrecerá dous posibles percorridos de 25 e 14 km

O Concello de Paderne de Allariz acollerá o domingo, 12 de marzo, a cuarta edición do seu trail inaugurando así o calendario das probas incluídas na liga ourensá de Trail deste ano. O evento deportivo ofrece aos participantes dous posibles percorridos de 25 e de 14 quilómetros de distancia. A presentación da proba tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez; os responsables do club organizador Runmaniak, José Manuel Regueiro e Lalo Arce; o xefe de ventas de Nissan, David Gómez; e representantes de Cruz Vermella, Carmen González e Ángela Ramallo.

O cuarto Trail de Paderne, que volve a ter carácter solidario, terá a súa saída e chegada na praza do municipio. A primeira saída será ás 9.00 horas para os participantes no percorrido de longa distancia (25Km) e media hora despois, ás 9.30 horas, sairán os inscritos no percorrido de 14 Km. Na proba disputaranse as categorías absoluta, senior, veteranos A e veteranos B, en todas elas en modalidade feminina e masculina.

Os interesados en participar nesta proba aínda están a tempo de inscribirse, ata cubrir as 200 prazas dispoñibles, a través da web www.saudeter.com ou da www.sportmaniacs.com. O prezo da inscrición para ambas distancias é de 17 euros e, ao tratarse dunha proba solidaria, destinaranse dous euros de cada inscrición aos proxectos de infancia que desenvolve a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella de Maceda.

Esta é a primeira proba programada no calendario da liga provincial de trail, estreada o ano pasado, para facilitar a participación dos afeccionados nos distintos eventos deportivos que se celebran por toda a xeografía ourensá.

Relacionadas

Luis López anuncia a renovación da certificación de Areeiro como laboratorio oficial para a...

0
A Deputación asinou un protocolo coa Direcão Geral de Alimentação e Veterinária de Portugal para realizar as analíticas de 30 pragas que preocupan as...

A Deputación anuncia que a caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibiu preto...

0
A campaña “O mellor espazo busca o mellor contido” da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continuará en funcionamento ata finais de...

Luis López anuncia a aprobación provisional das axudas de +Xuventude, “a primeira liña de...

0
Á espera da resolución definitiva serán un total de 17 entidades xuvenís as que gozarán destas axudas que ascenden a preto de 80.000 euros...

A Deputación lanza +Convivir, unhas xornadas lúdicas e formativas dirixidas ao movemento asociativo da...

0
O novo programa dará comezo o día 13 de setembro en Poio e espallarase por diferentes concellos da provincia A Deputación de Pontevedra lanza +Convivir,...

Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto do 40%...

0
O presidente da Deputación afirma que, segundo o INE, a ocupación foi un 2,2% superior á de xullo do 2023 O presidente da Deputación de...

A Deputación confirma que, con máis de 10.500 visitantes, “A era das fábulas” é...

0
Pontevedreses e visitantes déronse cita esta mañá na praza da Peregrina para amosar a súa creatividade a partir de obras de “A era das...

Publicacións Relacionadas