HomeOurensePodemos Ourense esixe ao Concello de Ourense que repoña os conserxes nos...

Podemos Ourense esixe ao Concello de Ourense que repoña os conserxes nos polideportivos escolares para garantir a seguridade do alumnado e do profesorado

- Anuncio -spot_img

Desde Podemos Ourense denunciamos a falla de persoal de conserxería nos polideportivos dos centros educativos da cidade, unha situación que se agrava desde hai anos pola amortización das prazas vacantes tras as xubilacións.

Esta decisión do Consello Municipal de Deportes de Ourense deixa os recintos sen vixilancia nin presenza de persoal responsable, o que xa derivou en situacións de inseguridade, roubos e mesmo agresións. “Estamos poñendo en risco o alumnado e o profesorado por pura inacción administrativa”, sinala o noso portavoz Francisco Diéguez.

A organización lembra que os conserxes non son un luxo, senón unha peza esencial para o bo funcionamento e seguridade das instalacións deportivas vinculadas aos centros públicos. Por iso, reclaman ao Concello que repoña de inmediato as prazas amortizadas e que poña en marcha un plan estable de conserxería que garanta o control das instalacións durante e despois do horario escolar.
“Non é admisible que os polideportivos dos colexios e institutos de Ourense estean abertos sen persoal de vixilancia mentres o Concello mira para outro lado. Falamos da seguridade dos nosos fillos e fillas, e iso non admite máis atrasos”, conclúe Diéguez

Publicacións Relacionadas