HomeOurensePodemos Ourense esixe medidas ante a normalización da prostitución e a violencia...

Podemos Ourense esixe medidas ante a normalización da prostitución e a violencia dixital contra as mulleres

- Anuncio -spot_img


Desde Podemos Ourense queremos anunciar a presentación de diversos escritos ante a Consellería de Igualdade, a Consellería de Educación e o Concello de Ourense para que se impulsen medidas de sensibilización, prevención e protección fronte á proliferación de contidos sexuais coma no Foro Spalumi, espazos nos que se difunden relatos sexuais explícitos, valoracións degradantes de mulleres e datos de localización, que, ademais de ser unha forma vergonzosa de tratar ás mulleres, contribúen á normalización da prostitución na nosa sociedade.

Foros deste tipo non só cosifican e reducen ás mulleres a obxectos de consumo sexual, senón que alimentan a percepción de que a prostitución é unha práctica socialmente aceptable ou inevitable. Esta dinámica ten un impacto directo na igualdade de xénero e na percepción social dos dereitos, a dignidade e a seguridade das mulleres.

Segundo datos recentes do Ministerio de Igualdade, en España hai polo menos 114.576 mulleres en situación de prostitución, o que supón aproximadamente o 0,56 % das mulleres adultas no Estado. Entre elas, estudos especializados estiman que un porcentaje significativo, ata arredor do 24 % en análises máis recentes baseadas en criterios de risco de trata e explotación sexual, atópase en contextos de vulnerabilidade ou explotación.

O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, sinalou ante a militancia: “Non estamos ante un simple debate moral, senón ante unha cuestión de dereitos fundamentais, igualdade e dignidade humana. Foros como Spalumi non só tratan ás mulleres de xeito vergonzoso, senón que contribúen a naturalizar un sistema que explota e hipersexualiza corpos, moitas veces en contextos de extrema vulnerabilidade. A difusión pública de relatos íntimos e datos de localización en internet pode xerar riscos reais para a seguridade das mulleres e consolidar estereotipos contrarios á igualdade.”
Podemos Ourense propón que as institucións aborden este fenómeno desde múltiples frontes, incluíndo:
✔ Campañas de sensibilización sobre a violencia dixital e o respecto á intimidade.
✔ Reforzo da educación en igualdade, privacidade e relacións afectivas saudables.
✔ Programas de alfabetización dixital crítica nos centros educativos.
✔ Coordinación institucional para protexer ás persoas afectadas.
Diéguez rematou a súa intervención ante a asemblea dicindo:
“A igualdade de xénero tamén se defende nos espazos dixitais. Educar, previr e protexer debe ser unha prioridade da acción pública.”

Publicacións Relacionadas