Home Deputacións Deputación Ourense Manzaneda recibe esta fin de semana a 300 gaiteiros no XIV Certame...

Manzaneda recibe esta fin de semana a 300 gaiteiros no XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

- Anuncio -

O presidente da Deputación, Luis Menor, destacou esta mañá na presentación do evento o seu importante compoñente de tradición “como parte da nosa propia cultura musical” e o “labor de promoción do mundo da gaita”

O campo de competicións da estación de montaña reunirá o domingo, día 30, a trece bandas de gaitas procedentes de León, A Coruña, Lugo e Ourense, incluíndo ademais o concurso de gaiteiros solistas e de bastóns de mando

O sábado, día 29, celébrase o VI Serán da Seitura de Manzaneda e a Noite Celta, coa actuación de quince grupos e solistas

Máis de 300 gaiteiros reuniranse o domingo, día 30, na estación de montaña de Manzaneda para participar no XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que organiza a Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Manzaneda e a Xunta de Galicia, así como tamén co apoio da propia estación de montaña. Un evento que iniciará as súas actividades na tarde do sábado, día 29, coa celebración do VI Serán da Seitura e a Noite Celta.

O programa do certame foi presentado esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Luis Menor; o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira da Xunta e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Manuel Pardo; o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o representante da estación de montaña, Nacho Pereira.

Luis Menor destacou a importante compoñente de tradición que ten este certame, “tanto pola música de gaita por ser parte da nosa propia cultura musical”, como polos anos que hai que se organiza o evento, “que baixo distintas denominacións e modalidades celébrase desde 1990”.

Apuntou o presidente da Deputación dous aspectos tamén significados desta cita, como a oportunidade que supón de “demostrar a aprendizaxe dos milleiros de rapazas e rapaces que estudian nas escolas de gaitas da provincia e do resto de Galicia”, sen esquecer o labor de promoción do mundo da gaita “a través dun certame que hoxe está plenamente recoñecido e no que teñen participado bandas de toda a península ibérica, Europa e América”.

Amable Fernández puxo en valor este tipo de certames “por ser o xeito de manter a nosa tradición musical a través dos mozos que concorren tanto en solitario como en bandas”, mentres que Manuel Pardo falou do exemplo que supón “como traballo de defensa do patrimonio cultural galego e de dinamización do rural”.

Xosé Lois Foxo foi o encargado de detallar o programa. Explicou que tralas dúas primeiras fases desenvolvidas en Xinzo de Limia e Quiroga, o domingo celébrase a fase final -tamén chamada Memorial Gabino García- no campo de competicións da estación de montaña de Manzaneda, única en Europa. Alí vanse dar cita 300 gaiteiros pertencentes a 13 bandas de gaitas procedentes de León, A Coruña, Lugo e Ourense, incluíndo ademais o concurso de gaiteiros solistas e de bastóns de mando.

O programa do sábado inclúe o VI Serán da Seitura de Manzaneda -Memorial Ludivina Pérez-, que ofrecerá once actuacións na praza da Igualdade do concello. Unha cita que ten como obxectivo salvar do esquecemento os cantos da rica tradición da Galicia rural. Tras esta cita celebrarase na estación de montaña a Noite Celta coa participación de bandas de gaitas, grupos folk e gaiteiros solistas.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas