A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana
O proxecto de construción dunha residencia da Fundación Amancio Ortega para persoas maiores deu un paso adiante esta mañá. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou, na súa sesión ordinaria desta semana, concederlle á fundación para desenvolver este proxecto, na estrada de Vigo, nos terreos onde antes se atopaba a estación de autobuses. Na sesión, que se desenvolveu no salón de plenos, aprobáronse 24 acordos.
Aperturas (1). Concederlle á Fundación Amancio Ortega a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución do edificio para a residencia de persoas maiores que ten previsto construír na estrada de Vigo, número 1, nos terreos antigamente destinados a estación de autobuses. O proxecto ten un orzamento de execución material de 18,462,495,36€.
Licenzas (2). Aprobar o proxecto de execución dunha vivenda unifamiliar illada en Rampla Antolín Losada e desestimar unha solicitude de revogación de licenza
Disciplina (2). Impoñer unha multa coercitiva e requirir novamente un particular para que proceda a demoler obras executadas nun edificio e aprobar a liquidación dos gastos que implicou a execución material das obras de demolición dun inmoble na rúa Canella do Lugar e requirirlle á propiedade o seu aboamento
Patrimonio (1). Estimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 326,70 euros
Asuntos sociais (3). Aprobar as normas de inscrición nas actividades que se desenvolverán os Centros Cívicos municipais. Por unha banda, as dirixidas ás persoas da terceira idade; por outra, ás dirixidas á poboación infantil; e tamén, ás dirixidas á poboación adulta. As normas de inscrición publicaranse proximamente no taboleiro de edictos e na web do Concello para que as coñezan as persoas interesadas en participar.
Comercio (1). Recoñecer unha obriga derivada de obras incluídas no modificado número 2 do proxecto básico e de execución da reforma e rehabilitación da Praza da Abastos núm. 1, a favor da empresa que executou as obras.
Xuventude (1). Aprobar o convenio entre o Concello de Ourense e a Asociación Xuvenil Amencer, regulador da subvención municipal nominativa a esta entidade para gastos das actividades do Campamento Urbano. Tamén se aproba o gasto, por importe de 11.000 euros.
Persoal e recursos humanos (3)
En cumprimento do disposto na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023, incrementar adicionalmente nunha porcentaxe do 0,5% vinculado á evolución do PIB as retribucións do persoal ó servizo da corporación, con respecto as vixentes a 31 de decembro de 2022, e con efectos de 1 de xaneiro de 2023.
En cumprimento do disposto no Real Decreto-lei 4/2024, incrementar nunha porcentaxe do 2% as retribucións do persoal ao servizo da corporación on respecto as vixentes a 31 de decembro de 2023 e con efectos de 1 de xaneiro de 2024.
Aprobar un pagamento de custas xudiciais
Avogacía consistorial (10)
A Xunta de Goberno Local deu conta de 5 sentenzas: 1 delas ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e 4 polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense. Tamén tomou coñecemento de que o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense en 3 procedementos abreviados e diante do Contencioso Administrativo número 2, noutros 2.

